BOIRO> As instalacións do campo de fútbol municipal de Valiño acollerán un verán máis unha nova edición do Depor Campus. Será do 14 ó 18 de xullo.
A actividade, que está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos, vaise desenvolver en horario de mañá de dez a dúas.
A actividade será posible realizala grazas a colaboración estreita que dende hai anos manteñen a Escola de Fútbol Municipal e o club herculino.
Dende o Concello, que colabora coa actividade, destacaron a importancia deste tipo de iniciativas e o feito de poder seguir formando parte das sedes do Depor Campus.
As inscricións están abertas ata o día 7 de xullo e poden formalizarse na páxina web www.deporcampus.rcdeportivo.es











