VILAGARCÍA> Volven os Xoves Abertos de Zona Aberta de Vilagarcía.O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade impulsa a segunda edición desta proposta, que encherá de música os distintos barrios da cidade.
Vai arrancar o día 26 deste mes no Piñeiriño. A proposta tamén pasrá por Méndez Núñez, Arcebispo Xelmírez, Praza da Liberdade de Carril, A Baldosa e O Castro.
Un ciclo musical co que Zona Aberta busca dinamizar a actividade socioeconómica de Vilagarcía. A proposta, ademais, organizará un sorteo cada xoves de concerto. Entre todos os tickets de compra vanse sortear dous abonos para o Atlantic Fest e Revenidas… poñendo en xogo 12 en total.











