Os prezos do marisco mantéñense á raia para Fin de Ano

POBRA> Os prezos dos mariscos non experimentaron subas desorbitadas neste día de Fin de ano. Na Pobra, a centola roldaba os corenta euros, a nécora os trinta e o quilo de boi podíase mercar por vinte euros. A abundancia de especies, trala escaseza das últimas semanas, axudou a manter os prezos á raia.

A praza de abastos da Pobra rexistraba esta mañá unha actividade frenética. Atrás quedaban os temporais das últimas semanas polo que abondaba todo tipo de especies de peixe e marisco.

Os que decidiron agardar ata última hora e levar o marisco fresco acertaron. Os prezos contivéronse e as subas foron menores que na Noiteboa.

Houbo excepcións, como a ameixa. A escaseza provocada polo exceso de auga doce disparou a cotización. Ademais de marisco, había gran demanda de peixe xa que moitos consumidores buscaban un menú máis lixeiro para comezar o ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí