As peñas encherán de troula as festas do verán de Boiro

BOIRO> O programa das festas mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores, cunha mestura entre tradición e modernidade, buscando satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores.

As celebracións arrancarán este venres venres coa lectura do pregón, ás nove, na praza do Concello, a cargo este ano dos nenos e nenas dos centros de ensino do municipio.

A música terá este ano un gran protagonismo coas tradicionais verbenas coas mellores orquestras de Galicia: Combo Dominicano, Panorama e París de Noia.

Tamén destacan os concertos de Café Quijano e Treixadura, entre outros.

Aínda así, un dos pratos fortes dos festexos será o Día das Peñas, do luns, no que o Concello de Boiro colabora coa asociación de Peñas Boiro. Dúas serán as súas citas. a primeira delas xa este venres, coincidindo co incio das festas, co Remember Fest no Parque da Cachada.

As actividades continuarán xa o luns con xogos tradicionais na Cachada para tódolas peñas, co ‘manjheiraso’ este ano a cargo do deportista Adrián Mosquera.

Dende a asociación de peñas insisten na importancia de que todos cumpran as normas. Está prohibido o consumo de alcol para menores de 18 anos  e entrar ó recinto con vidro, tamén apelan a manter limpo o espazo e non deixar nada tirado no chan.

Toda unha serie de deberes e recomendacións para que a festa transcorra da mellor maneira posible e sen incidentes.