O Festival Festiritititi de Amicos terá lugar o mércores 3 de decembro en Boiro

BOIRO> Dende hai oito anos, Amicos leva conmemorando este festival da inclusión cada 3 de decembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Discapacidade.

A actividade desenvolverase a partir das dez e media da mañá no polideportivo de Barraña e nel tomarán parte escolares dun total de dez centros educativos do Barbanza.

Dende Amicos destacaron o apoio da Xunta, a través da consellería de Política Social, para poder desenvolver esta actividade, así como tamén doutras entidades e empresas, como é o caso de Jealsa, que unha vez máis mantén o seu compromiso con este festival.

Tamén colabora coa iniciativa o concello de Boiro, dende onde agradeceron a Amicos a súa capacidade para unir entidades, centros de ensino e empresas cun obxectivo común, que non é outro que a inclusión.