RIBEIRA> Aguiño volverá a render homenaxe ó seu percebe. Será o vindeiro domingo 27 de xullo.
Esta mañá representantes da Confraría, acompañados de membros do executivo local, daban a coñecer algún dos pormenores desta festa, declarada de Interese Turístico Galego, e que este ano cumpre xa a súa 26 edición.
Aínda sen definir parte do programa, a festa seguirá unha estrutura semellante á de anos anteriores.
Prevese repartir unha tonelada de percebe a prezos populares para que o produto chegue a tódolos padais.
A necesidade de ter un produto de calidade ese día foi un dos motivos da escolla do 27 de xullo, xa que coincide coa semana de mareas vivas.
O Concello volve a colaborar un ano máis co pósito na organización da festa.
En próximas datas está previsto tamén dar a coñecer o nome das persoas homenaxeadas este ano co título de ‘Percebeiro de Honra’.











