Traballadoras do SAF de Boiro denuncian a precarización do servizo

BOIRO> Un grupo de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, xunto con representantes da CIG, sindicato que apoia as súas reivindicacións, concentráronse esta mañá ás portas do Concello para denunciar a grave situación de precarización do servizo derivada da nova licitación impulsada polo equipo de goberno.

Segundo sinalan a aposta por unha adxudicación do servizo á baixa, redundará na perda de dereitos laborais das traballadoras e na degradación da atención que reciben os usuarios.

A pesar de que a CIG presentou no seu momento varias alegacións á licitación, todas elas foron rexeitadas polo Concello.

Ante esta situación xa anuncian que seguirán coas mobilizacións, explorando ademais tódalas vías legais e sindicais para garantir un Servizo de Axuda no Fogar digno, tanto para as traballadoras como para as persoas usuarias.

A situación afecta ó redor dunhas 50 traballadoras.