RIBEIRA> O grande éxito colleitado pola segunda edición do Roteiro Mitos e Lendas levou ó concello de Ribeira a programar unha saída adicional para as persoas que quedaron fora. Será o 12 de xullo e xa están abertas as inscricións.
A pasada fin de semana tiña lugar o último dos roteiros do Camiño de Mitos e Lendas que por segundo ano puxo en marcha o concello de Ribeira con Tonhito de Poi como mestre de cerimonias.
A alta demanda de prazas nas catro sesións programadas fixo que moitos veciños e visitantes quedasen fóra polo que o departamento de Turismo organizará unha saída adicional o vindeiro 12 de xullo.
Terán prioridade as persoas que quedaron en lista de agarda pero abriranse tamén novas inscricións que xa se poden realizar a través da oficina municipal de turismo.











