Rescatan a dous corzos nas inmediacións do peirao de Rianxo

RIANXO> Imaxe curiosa a que se vivía tamén onte domingo en Rianxo.

Dous corzos foron rescatados con vida nas inmediacións do porto, despois de chegar nadando ata a beira do peirao.

O primeiro deles foi recollido das rochas por un grupo de veciños que se atopaba nese momento nas inmediacións e o segundo foi rescatado por voluntarios da agrupación de Protección Civil.

Nos últimos anos eran bastantes habituais as aparicións de xabarís, pero hoxe atopámonos con outra nova especie, se cadra máis rara a simple vista.

Non se sabe porque razón os animais apareceron aí. Se cadra fuxían dalgún depredador que os perseguía…

Ó parecer son grandes nadadores e non é raro velos atravesando ríos ou incluso no mar.

Unha vez rescatados foron liberados nunha zona de monte polos propios voluntarios e persoal de Medio Rural.

No operativo tamén colaborou a Policía Local.