RIBEIRA> Pola prensa. Así coñecía a voceira do PP de Ribeira a convocatoria dunha comisión informativa extraordinaria para esta tarde. Os populares denuncian a falla de comunicación por parte do goberno municipal co fin, din, de obstaculizar o seu labor na oposición.
Indignación no seo do Partido Popular de Ribeira despois de que ningún dos seus concelleiros teña sido convocado á comisión informativa previa ó pleno do xoves no que se debaterá a proposta do POS. Esta mesma mañá a súa voceira denunciaba que non tiña notificación algunha da xuntanza que coñeceu pola prensa.
Di Sampedro que esta forma de actuar xa vén sendo habitual por parte do goberno ribeirense ó que acusan de escurantismo e falla de información co fin de obstaculizar o labor fiscalizador da oposición.











