Suma Ribeira pide o cese de actividade da canteira de Casalnovo

RIBEIRA> Suma Ribeira presenta tamén varias alegacións ó Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural de Corrubedo. Entre outras cuestións reclama que o documento recolla o cese da actividade da canteira de Casalnovo e amplíe a Xunta Reitora a tódolos partidos e colectivos interesados.

Depois de lamentar que non fora posible chegar a unhas alegacións consensuadas entre tódolos grupos e os veciños afectados, o voceiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, presentou esta mañá as alegacións presentadas pola formación ó novo documento. Serán un total de seis. Unha delas, se cadra a máis importante garda relación coa canteira de Casalnovo.

Dende Suma Ribeira volveron incidir na importancia de que se teña en conta a opinión de tódolos veciños á hora de regular os usos do Parque e a necesidade de diálogo.

Entre outras cuestións piden esixir ferramentas para sensibilizar a todo o mundo de que o Parque é un espazo que cómpre protexer pero tamén que pode ser aproveitado para obter unha rendibilidade