RIBEIRA> O BNG de Ribeira, organiza xunto con Galiza Nova e a asociación cultural Altofalante, un magosto popular. será este sábado na praza do concello que acollerá ademais a presentación do libro infantil ‘O Magosto de Brais’.
O BNG de Ribeira celebrará este sábado unha xornada festiva e cultural e aberta á cidadanía cun magosto popular organizado en colaboración con Galiza Nova e a asociación cultural Altofalante. Ademais da degustación de castañas de baldee xogos populares, o programa inclúe a presentación do libro infantil ‘O Magosto de Brais’ de Jorge Pérez Sampedro.
A xornada proseguirá cunha queimada popular a cargo de Nando Llon, amenizada por DJ Jalaiko e chegará á súa fin cunha foliada aberta.
Dende o BNG animan á veciñanza a participar neste encontro que busca poñer en valor unha tradición tan popular como o magosto como reivindicación da cultura e lingua galegas.











