RIBEIRA> Ó redor dun cento de persoas concentráronse este mediodía as portas do centro de saúde de Aguiño para esixir a cobertura total das dúas prazas de médico de familia.
Decidiron retomar as mobilizacións ó ver como levan sen un dos facultativos dende hai uns mes e o que queda vai ir de vacacións proximamente.
Segundo sinalaron a súa intención é continuar coas protestas indefinidamente, despois de ver como a promesa por parte da Consellería de dotar ó centro de saúde de dous médicos a tempo completo non chegou a cumprirse.











