Ribeira iniciou o pago das axudas do PEL Reactiva

RIBEIRA> Unha vez rematado o prazo de xustificación e emitida a proposta de resolución definitiva, o concello de Ribeira iniciou xa o abono das axudas do PEL Reactiva. O orzamento destas achegas, cofinanciadas por Deputación e Concello, ascenden a preto dos 580 mil euros.

O obxectivo é aportar liquidez a autónomos e pemes na procura de contrarrestar os efectos do covid-19.

En Ribeira houbo un total de 281 beneficiarios.

Precisamente o feito de que as axudas non chegaran a moitos dos negocios, ó incumprir parte deles algunhas das cláusulas para poder cobralas, fai pensar ó rexedor un cambio de estratexia para este ano, apostando polas axudas directas ó consumo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí