A POBRA> A Pobra volverá convertese durante o mes de maio en capital do fútbol base co Torneo Internacional Congalsa en beneficio da Fundación Aladina. Preto de 40 equipos, con representación internacional, daranse cita no evento entre o 22 e o 24 de maio.
37 equipos de diversos puntos de Galicia, España e mesmo a nivel internacional coa confirmación de clubs de Francia, Portugal Estados Unidos ou Emiratos Árabes tomarán parte no Torneo de Fútbol Base de Congalsa que se celebrará na Pobra entre o 22 e o 24 de maio.
Un ano máis, o torneo servirá para recadar fondos en beneficio da Fundación Aladina que ten en marcha varios proxectos, un deles no hospital de Santiago.
Durante a presentación estiveron presentes representantes das distintas administracións que colaboran no torneo, entre elas a tententa alcalde do concello da Pobra, Patricia Lojo, o deputado provincial de deportes Antonio Leira, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto.
Tamén tomaron parte no acto de presentación o padriño do torneo e actual seleccionador galego sub16, Rubén López, e a presidenta de Ambar, Milagros Rey, colectivo que este ano se incorporará á competición reforzando o compromiso da organización coa inclusión social a través do deporte.











