Ribeira acolle a segunda proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas dende a Illa de Sálvora

RIBEIRA> 140 deportistas participarán este sábado na segunda proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas que se celebrará entre Sálvora e Ribeira. Os nadadores deberán completar unha distancia de 19 quilómetros percorrendo a ría de Arousa.

Non só galegos senón tamén nadadores chegados doutros comunidades, países mesmo  continentes participarán este sábado nunha das probas de natación máis esixentes a nivel físico de toda Europa.  A segunda proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas partirá este sábado día 9 ás nove menos cuarto da noite dende a praia do Almacén na Illa de Sálvora.

Os nadadores que sairán en quendas de 5 disporán de 4 puntos de avituallamento durante a travesía que discorre por puntos de especial intereses como Pedregoso e Areoso. Ademais da vertente deportiva destaca a importante proxección internacional desta competición para poñer en valor o patrimonio natural das Illas Atlánticas. Así, promoveranse unha serie de actividades complementarias como visitas guiadas, un concurso de fotografía e unha acción de voluntariado ambiental.

Numerosas entidades e empresas colaboran na organización desta proba que require un amplo dispositivo de seguridade con máis de 200 voluntarios. Entre elas,o concello de Ribeira e Abanca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí