Ribeira programa cinco días de festa con gran presenza da música e citas tradicionais

RIBEIRA> O concelleiro de Festexos facía estas declaracións na presentación do programa das festas do verán. Independentemente das dificultades para instalar as atraccións, Ribeira contará cun cartel de actuacións de primeiro nivel para tódolos públicos.

O 30 de xullo arrancarán as festas do verán de Ribeira co pregón dende o balcón da renovada casa consistorial que dará paso a cinco días de celebración. No apartado musical destacan orquestras de primeiro nivel como O Combo Dominicano ou Kubo mentres que os concertos inclúen as actuacións estelares de Huecco, GAlician Army, Lichis, un tributo a Andrés Calamaro ou o grupo cubano O Son de Camagüey.

Ademais da música, o programa inclúe moitas actividades para público infantil con inchables e obradoiros así como unha travesía a nado para os máis deportistas.

E, como non segue habendo sitio para a tradición coa tradicional misa solemne e procesión marítima na honra da Virxe do Carme e a recuperación da sardiñada popular o domingo. O espectáculo pirotécnico terá lugar o domingo a medianoite co combate naval como peche das celebracións.