PORTO DO SON> O campamento de verán da ‘Movida Urbana’ de Porto do Son volve a ser un ano máis éxito de participación con preto de 300 nenos de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
A proposta que o Concello promove polo verán, busca a conciliación da vida laboral e familiar.
Como en edicións anteriores tres son os espazos habilitados para o desenvolvemento da actividade: o polideportivo Santa Irene, en Porto do Son, o pavillón de Xuño e a escola de Portosín.
O horario habitual da actividade é de dez da mañá a dúas da tarde, ampliándose nesta edición a un día máis, de luns a venres.
En varias quendas, prolongarase ata o próximo 14 de agosto. O servizo compleméntase antes e despois do campamento coa ludoteca infantil.
A diario o programa inclúe numerosas actividades que van dende xogos de dinámicas de grupo, saídas e múltiples obradoiros vinculados na súa maioría ás señas de identidade do municipio como son a natureza e ó medio ambiente.











