Noia acollerá este mes de novembro a XLII Semana Musical

NOIA> As actividades, organizadas pola Coral Polífónica, desenvolveranse do 22 ó 25 deste mes de novembro, cunha conmemoración espacial, ó cumprirse o centenario do pasamento do compositor local, Felipe Paz Carvajal.

A Coral Polifónica de Noia celebrará do 22 ó 25 deste mes de novembro a  edición número 42 da súa Semana Musical. Todo un clásico dentro da programación cultural de outono noiesa. As actividades arrancarán o xoves 22, festividade de Santa Cecilia, cunha misa cantada ás sete e media da tarde na igrexa se San Martiño.

Dende o Concello, que colabora coa Coral na organización das actividades, destacaron que o programa terá este ano unha conmemoración especial ó cumprirse o centenario do pasamento do compositor local, Felipe Paz Carvajal. 

Un feito que agradeceu tamén o neto do compositor, xa que, segundo el, deste xeito vese recoñecido o traballo realizado polo seu avó ó longo de tantos anos.