Arquivada a causa penal polo vertido de pellets

NOIA> O Tribunal de Instancia de Noia acordou o arquivo da causa do vertido dos pellets do Toconao. A investigación concluíu que a caída pola borda dos contedores foi consecuencia dun golpe de ma e que a empresa cumpría cos protocolos de carga.

O Xulgado de Noia decretou o sobresemento da causa aberta pola vertedura dos pellets acontecida en decembro de 2023 cando o buque Toconao perdeu seis contedores dos que transportaba. A xuíza non aprecia responsabilidades penais posto que a perda da carga debeuse ás malas condicións meteorolóxicas cunha forte ondada que bateu contra a embarcación facendo que os contedores caeran pola borda.

Tanto o informe da Dirección Xeral da Garda Civil como do Servizo de Vixilancia Marítima e mesmo a información achegada polo armador e a empresa fretadora conclúen que a empresa cumpría cos protocolos de carga sen incorrer en ningunha irregularidade.

En canto á toxicidade da vertedura e afección ambiental o auto establece que as análises dos pellets non revelaron concentración de substancias tóxicas na súa composición polo que non se prevé un impacto significativo a medio ou longo prazo. Conclúe tamén a xuíza que apenas se atoparon restos en zonas protexidas que non se prevén danos no ecosistema dunar no paruqe natural de Corrubedo nun na contorna das Illas Atlánticas. 

A sentenza non é firme posto que cabe recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña.