A confraría noiesa afronta a peor campaña da súa historia

NOIA> Así de rotundo se mostraba esta mañá o patrón maior, Santiago Cruz, no primeiro día do inicio da campaña marisqueira.

A súa opinión coincide coa da maioría dos máis de 1.500 mariscadores que esta mañá iniciaron a súa actividade extractiva.

Apenas hai berberecho de talla comercial, polo que acadar os cinco quilos para os de a flote e os tres para os de a pé que había de cupo, foi tarefa imposible. Pouco mellor as cousas para a ameixa. ..

Ante este desolador panorama, a continuidade da campaña parece cuestión de días…

En canto ás posibles causas da escaseza de marisco, o patrón maior volveu incidir en que a alta mortalidade se debera á desalinización da auga.

O único consuelo para os mariscadores son os prezos, e que o marisco poida acadar un alto valor na subhasta. É a lei da oferta e da demanda…

Ante esta situación, o pósito traballa xa na solicitude das axudas coas que unha parte dos mariscadores, pois non todos cumpren os requisitos para poder acceder a elas, pretenden paliar os efectos da que, a todas luces parece, a peor campaña na historia da Confraría.