O PP de Boiro denuncia o abandono do cemiterio de Vista Alegre

BOIRO> O Partido Popular denunciou esta mañá o estado de abandono no que se atopa o cemiterio de Vista Alegre.

Din recoller as queixas de moitos veciños que lles trasladaron xa o seu malestar por esta situación.

Dende o PP critican que haxa camiños intransitables, maleza que avanza sen control e nichos rodeados de lixo, pedindo unha actuación no camposanto con urxencia.

Para o PP non deixa de ser un exemplo máis da deixadez do actual goberno municipal, máis preocupado, segundo eles, no postureo, que no que realmente preocupa ós veciños.