RIBEIRA> O desacordo no seo do goberno municipal de Ribeira quedou patente tamén no pleno ordinario celebrado este luns. Os concelleiros do PBBI aliñáronse co PP votando en contra da proposta de modificación das bases de execución do orzamento para incrementar as axudas a entidades sociais e sen ánimo de lucro.
A concelleira de Facenda foi a encargada de explicar os motivos que levaron ó PBBI a votar en contra da proposta dos seus socios de goberno. A modificación desta partida suporía un incremento do 16 por cento incumprindo o límite de gasto , polo tanto, a normativa en materia fiscal.
Non é este o primeiro nin o único motivo de discrepancia do PBBI en materia de subvencións. Os edís do Partido Barbanza Indenpendente amosaron a súa disconformidade coa axuda de 18 mil euros concedida este ano ó Festival Mares da Fin do Mundo.











