RIBEIRA> Preto dun cento de nenos participarán no Festival de Nadal da asociación cultural Tahume que se celebrará o 14 de decembro no auditorio de Ribeira. Xunto cos alumnos da agrupación, subirán á escena dous grupos convidados: A Carrabouxa de Teo e e a asociación cultural Nós de Sobradelo.
Música, canto e baile tradicional encherán o auditorio de Ribeira o domingo día 14 de decembro a partir das sete da tarde. A agrupación cultural Tahume celebrará o seu tradicional Festival de Nadal no que os protagonistas serán os máis pequenos.
Dende o concello animaron á veciñanza a acudir ó espectáculo no que tomarán parte preto dun cento de pequenos artistas. A entrada será de balde ata completar aforo.










