RIBEIRA> Baño de masas o protagonizado onte pola noite por Manuel Ruíz durante o Congreso Extraordinario do Partido Popular de Ribeira celebrado nas instalacións do Liceo Marítimo.
Foi proclamado presidente do partido a nivel local cun 99% dos votos emitidos polos militantes da formación.
Na súa intervención o novo presidente do PP ribeirense agradeceu os apoios da militancia, marcándose varias metas para os próximos anos, unha delas recuperar a maioría absoluta non vindeiros comicios municipais do ano que vén.
No acto, arroupando ó novo presidente, atopábanse tamén a conselleira de Política Social Fabiola García, a secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, e o presidente do PP Provincial e Vicepresidente da Xunta, Diego Calvo.