Ribeira acolle a cuarta edición da feira alternativa Xiradiscos

RIBEIRA> Ribeira acollerá o sábado 9 da agosto a cuarta edición da Feira Xiradiscos. O evento pretende ir máis aló dun mercado de vinilos cun diverso programa de actividades complementarias que se desenvolverán durante toda a xornada na praza da Porta do Sol.

Trece postos integrarán o mercado de Xiradiscos que se instalará o sábado 9 de agosto na Porta do Son. Este evento nacía hai catro anos da man da asociación que leva o mesmo nome, integrada por tres veciños de Ribeira que propoñía unha oferta de lecer distinta. O que comezou como un mercado de vinilos foi medrando ata converterse nunha feira alternativa que contará coa presenza de numerosos artistas.

A xornada comezará coa presentación literaria de ‘Unha historia del arte muy r´rápida a cargo da súa autora Carla Serrano.

Haberá música durante toda a xornada: a sesión vermú a partir da unha da tarde con Nan Illonia e Pablo Leira. Pola noite terán lugar os concellos de Tesouro, Superfuzz e a sesión de baile con DJ Nell.