Portos completará a mellora viaria da fachada marítima de Ribeira

RIBEIRA> Portos de Galicia completará a reforma da fachada marítima de Ribeira coa pavimentación do vial entre Padín e a entrada do Porto. A actuación, orzamentada en corenta mil euros, dá continuidade á remodelación da avenida do Malecón e o paseo das Carolinas.

A presidenta de Portos de Galicia desprazouse ata Ribeira para asinar o convenio co concello que permitirá actuar sobre o vial que discorre a carón do parque Garciía Bayón. Este treito conecta a avenida do Malecón, recentemente remodelada co paseo das Carolinas, cuxa reforma está en fase de contratación polo que a súa mellora permitirá completar a renovación viaria da fachada marítima integrando os usos urbanos cos portuarios.

Portos investirá preto de corenta e dous mil euros con cargo ós orzamentos do ente autonómico previstos neste exercicio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí