RIBEIRA> Tres mariscadores de Aguiño atopan un anaco dunha vasilla de cerámica datada entre os séculos XVI e XVIII. A peza foi atopada mentres faeanaban nas inmediacións de Sálvora.
O achado da peza producíase de xeito casual o pasado mes de xuño cando traballaban á ameixa nas inmediacións de Sálvora.
Segundo explicou o técnico do Museo Municipal, Miguel Vidal, despois de consultarlle a outros expertos, trataríase dun fragmento dunha vasilla de cerámica, datada entre os séculos XVI e XVIII.
Polo de agora non se sabe onde se exporá, á espera da decisión da Dirección Xeral de Patrimonio, aínda que se lle preguntan a un dos seus descubridores, teno moi claro. O mellor destino sería a confraría de pescadores de Carreira e Aguiño.











