RIBEIRA> A recén remodelada praza do Centenario, en Ribeira, acolle dende hoxe a exposición itinerante‘Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión’ da Deputación da Coruña.
Nela recupérase a memoria de 540 mulleres clave na historia de Galicia a través de diversos paneis. O acto inaugural, contou coa presenza de diversas autoridade, entre elas, a deputada de Igualdade, Soledad Agra.
Na súa intervención destacou a importancia da exposición e o que supón a reivindicación do papel das mulleres que por defender os seus dereitos e a xustiza social foron perseguidas.
Na inauguración tamén tomou parte o alcalde, Luís Pérez barral, quen agradeceu ó organismo provincial por contar con Ribeira para poder acoller esta mostra que, segundo el, reivindica o papel da muller e a loita de moitas delas pola consecución de dereitos fundamentais.
A exposición, que xa percorreu anteriormente outros concellos da provincia, busca divulgar o papel fundamental das mulleres e dos movementos activistas femininos dende finais do século XIX ata finais do século XX.
Está composta por 39 paneis, 284 apartados e 373 imaxes, distribuídas en trece estruturas temáticas.
Os contidos divídense en tres grandes bloques cronolóxicos; a etapa previa a 1936, os anos da Guerra Civil e a posguerra inmediata, e a represión continuada do franquismo contra as mulleres.
Poderá visitarse en Ribeira ata o 9 de setembro.










