Finalizada a renovación da cuberta no CEIP de Olveira

RIBEIRA> A Consellería de Educación investiu setenta e cinco mil euros na substitución da cuberta do colexio de Olveira, en Ribeira. O delegado territorial da Xunta desprazouse esta mañá ata o centro para comprobar o resultado dos traballos e anunciar novos investimentos educativos no municipio.

O delegado territorial da Xunta supervisou as obras que se veñen de acometer no CEIP de Olveira. Un investimento próximo ós setenta e cinco mil euros permitiu a substitución total da cuberta e o arranxo do lucernario.

A Consellería de Educación tan tamén en marcha outros proxectos na comarca para seguir a avanzar na mellora dos centros ribeirenses. Entre elas, o peche das pistas deportiva no CDEIP O Grupo ou o illamento térmico do colexio de Palmeira.

Estas actuaciósn sumaranse ás que xa se acometeron ó longo de 2018 nunha vintena de centros educativos da comarca que ascenden a preto de catrocentos mil euros.