RIBEIRA> O concello de Ribeira amplía o número de prazas dos obradoiros para maiores que, un ano máis, chegará a tódalas parroquias. As actividades formativas están dirixidas a pensionistas, maiores de 60 anos, empadroados no municipio. Poderán realizar as inscricións a partir do próximo luns.
O concello de Ribeira reforza a súa aposta por brindar un envellecemento activo á súa veciñanza. Os obradoiros para maiores de 60 anos incrementan este o número de prazas aínda que manteñen as mesmas actividades. Serán talleres de memoria, enriquecemento educativo, lingua e cultura galega, conversa en inglés, artes plásticas, taek-health e ximnasia adaptada.
O concello destina unha partida de 40 mil euros para este programa educativo que se desenvolve en colaboración coas distintas áreas municipais como deportes e normalización lingüística que achegan tamén persoal dos seus departamentos para impartir os cursos.
O prazo de inscrición abrirá xa o 1 de setembro e as actividades darán comezo no mes de outubro. Impartiranse en tódalas parroquias do municipio.











