O Obradoiro retoma este ano o seu Campus de Verán en Boiro

BOIRO> A actividade, dirixida a nenos e mozos de entre 6 e 18 anos, celebrarase do 5 ó 9 de xullo.

Por oitavo ano, e despois do parón vivido o ano pasado a consecuencia da pandemia, o Monbus  Obradorio retoma o seu Campus de Verán en Boiro.

A actividade está dirixida para nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, divididos nas categorías Babybasket, Premini, Mini, Infantil, Cadete e Junior. Desenvolverase nas instalacións deportivas do CEIP Santa Baia, e os pavillóns de A Cachada e Barraña.

Como vén sendo habitual dende o seu inicio, para o desenvolvemento deste Campus, o Obradoiro conta co patrocinio da empresa jealsa.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden consultar a web www.obradoirocab.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí