RIBEIRA> A Aula CeMit de Ribeira arranca o outono con novas propostas formativas. Durante o mes de outubro realizaranse varios cursos de informática básica mentres que as actividades de novembro van dirixidas a un público cun nivel medio-avanzado no manexo de ferramentas dixitais.
Do 1 ó 24 de outubro, a aula CeMit de Ribeira acollerá o curso preparatorio para a obtención do Certificado ComDix no nivel de iniciación para o que poderán facer os exames os días 29 e 30 do mesmo mes. En paralelo, desenvolverase tamén un curso de informática básica así como un taller de banca dixital e un curso de descarga de aplicación en tódolos dispositivos.
En novembro, a demanda dos usuarios subirase o nivel de especialización. Así, ademais da preparación do nivel intermedio co ComDix, desenvolverase entre o 3 o 24 de novembro un curso de informática avanzado que inclúe formación en Intelixencia Artificial. Os exames para a obtención do ComDix intermedio realizaranse os días 26 e 27 de novembro.











