RIBEIRA> Ribeira será sede este ano do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia. Cinco funcións, que se representarán ata o 16 de novembro no auditorio, compoñen o cartel desta mostra promovida pola Federación de Teatro Afeccionada de Galicia FETEAGAL.
Os encargados de subir o pano serán ‘Denigrantes Comediantes’ que inaugurarán o festival o día 27 deste mes con ‘Amareite ata que te odie’. Tomaralle o relevo o grupo cántabro EntreCajas Fusión Teatro que levará a escena ‘Soños do Mar Negro’ o 4 de outubro. O domingo 5, Noite Bohemia reinterpretará o clásico ‘A Casa de Berbnarda Alba’ mentres que o 12 de outubro sereá Cardume Teatro quen se suba ás táboas con ‘As Galas do Defunto’. A compañía portuguesa Thiassos Teatro será a encarga de clausurar a mostra con Helena.
A Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, xunto coa Deputación da Coruña, escolleron Ribeira para albergar esta mostra grazas ás inmellorables instalacións con que contan no novo auditorio así como o dinamismo da vila que converten a Ribeira nun dos epicentros culturais da provincia.
Tódalas funcións serán de balde recollendo a entrada media hora antes do inicio, previsto para as oito da tarde.










