O número de ingresos na área Santiago-Barbanza segue caendo

BARBANZA> O número de pacientes ingresados por coronavirus na área de Santiago-Barbanza segue caendo. Da xornada de onte á de hoxe en trece pacientes. O último parte do COVID-19 nesta área sanitaria deixa un resultado de 44 pacientes hospitalizados por esta doenza. 40 deles en plantas de hospitalización convencional, entre elas catro no Hospital da Barbanza; e outros catro en unidades de coidados críticos. dende o pasado martes non se producíu falecemento algún e o número de altas acumuladas nesta área sitúase xa nas 1.066 persoas. En canto as PCR realizadas, a cifra de probas avanza tamén significativamente, superando as dezaseis mil.