Rianxo será esta fin de semana a primeira parado do ‘Máis que Tapas’ de Barbanza Arousa

BARBANZA> Arranca unha nova edición da ruta ‘Mais que Tapas’ de Barbanza Arousa  que se prolongará ó longo de todo o mes de novembro.

A primeira parada será xa esta fin de semana en Rianxo.

Á vila rianxeira seguiranlle nas próximas fins de semana a Pobra do Caramiñal os días 14, 15 e 16; Ribeira o 21, 22 e 23 para pechar en Boiro os días 28, 29 e 30.

A dinámica do certame será similar ó de anos anteriores con obradoiros, degustacións e sorteos de agasallos.

Coa proposta o que se busca é resaltar a riqueza gastronómica do territorio, así como os viños da IXP Barbanza e Iria, fomentando a actividade hostaleira en tempada baixa.

Como principal novidade, este ano preséntase unha páxina web oficial da ruta con información de cada tapa e establecemento, e mapa interactivo.