BARBANZA> A ANPA do CEIP ANA María Diéguez de Asados concentrouse esta mañá ás portas do centro coincidindo coa comparecencia do Conselleiro de Educación do Parlamento. Tamén unha representación da ANPA do Grupo de Ribeira desprazouse ata o Pazo do Hórreo para que os representantes autonómicos escoiten as súas reivindicación.
Pese á negativa da administración de conceder os recursos que reclaman os centros educativos, as ANPAS do colexio do Ana María Diéguez e do Grupo seguen en pé de guerra. Os pais de Asados desenvolveron esta mañá unha cacerolada nas portas do centro coincidindo coa comparecencia do Conselleiro de Educación no Parlamento. Unha comparecencia que seguiron en persoa varios representantes da ANPA do Grupo de Ribeira que quixeron deste xeito facer visibles as súas reivindicacións, ante a falla de resposta da Consellería.
Nesta mesma liña, seguen as protestas en Noia onde este xoves está convocada unha nova concentración ás seis e media da tarde diante do concello para denunciar os recortes que afectan ó colexio da Barquiña e ó IES Campo de San Alberto. A continuación celebrarase un pleno no que a corporación someterá a votación unha declaración institucional en defensa da educación pública e do alumnado con necesidades educativas especiais.











