Vicente Mariño abre as portas a un goberno do cambio en Ribeira

RIBEIRA> Outro dos escenarios incertos é Ribeira. O Partido Popular con nove edís segue a ser a forza máis votada, pero a irrupción do Partido Barbanza Independente, con sete concelleiros, formado precisamente polos escindidos do PP, abre un novo escenario, cun posible goberno do ‘cambio’.

O expectro político en Ribeira coa irrupción do PBBI deu coma resultado un cambio significativo na nova corporación, moito máis polarizada. De entrada coa desaparición de IPdeR e de Cidadáns. O Partido Popular de Manuel Ruíz segue a ser a forza máis votada con nove edís, pero non lle serán suficientes para acadar a maioría absoluta. Un posible pacto do PP con outra forza parece improbable, máxime co Partido Barbanza Independente, formación esta última na que se integraron varios concelleiros populares, e que é agora o principal grupo da oposición con sete edís.

Dende esta última formación apuntan a que non negociarán co Partido Popular, pero abren a posibilidade de establecer contactos con outras formacións para acadar posibles alianzas que signifiquen un cambio das actuais políticas municipais.