BOIRO> Por segundo ano consecutivo, a bandeira Verde de Galicia loce en Praia Xardín.
O galardón, que outorga a consellería de Medio Ambiente, premia a aqueles municipios da Comunidade que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. Esta mañá procedíase ó seu izado.
Un acto que contou coa presenza da propia conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.
Na súa intervención destacou as 33 bandeiras verdes entregadas este ano pola Xunta, nove máis que o ano anterior, como exemplo do compromiso dos concellos coa protección ambiental e o coidado da paisaxe.
De cara ó vindeiro ano avanzou tamén que a Xunta creará a Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia, da que poderán formar parte aqueles municipios que teñan, polo menos, tres destes distintivos desde o ano 2020.
Pola súa banda, o alcalde agradeceu este recoñecemento que dá visibilidade ó traballo que se realiza dende o Concello de cara á sostibinilidade e a protección do medio ambiente.











