A POBRA> Éxito de participación na primeira mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza na Pobra. Máis dun centro de persoas concentráronse ás portas do centro de saúde para esixir a cobertura das prazas de médico, que actualmente se atopan ó 50 por cento.
A Pobra vense sumar ás concentracións pola sanidade que ata o de agora se viñan desenvolvendo en Ribeira. Este venres, máis dun cento de persoas dábase cita ás portas do centro de saúde pobrense para denunciar a situación en que se atopa o cadro de persoal.
Os propios sanitarios tomaron a palabra para expor de primeira man as dificultades con que se atopan para desempeñar o seu traballo. Cunha plantilla mermada na que só contan con 3 médicos de 7 non poden garantir a calidade asistencial ós pacientes.
Tras esta primeira mobilización, a plataforma ten intención de darlle continuidade tódolos venres ata que Sanidade cubra tódalas vacantes.











