A Pobra investirá máis de vinte mil euros na mellora de varios viais municipais

POBRA> O executivo local acometerá de inmediato a mellora de varios camiños en distintas zonas do Concello por un investimento total de máis de vinte mil euros.

Entre as actuacións a realizar figuran as pavimentacións dun camiño no lugar de Caíños, ou o vial que enlaza a estrada AC-302 con Tarrío. Tamén se realizará a mellora da rúa Castelo, no tramo final que conecta coa estrada AC-305. O investimento que se destinará a este fin supera os vinte mil euros.

Dende o Concello quixeron aclarar que a tardanza na realización destas actuacións, que xa tiñan que estar executadas, se debeu fundamentalmente á paralización debido á crise do covid, e os gastos que se derivaron dela, ó temer que non se puidera empregar a ese fin o remanente de tesourería.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí