A POBRA> O concello da Pobra conmemorará o Día Internacional da Danza cun espectáculo de baile. Será este xoves na praza Alcalde Segundo Durán a cargo do Taller Alecrín. 50 alumnos realizarán unha exhibición de diferentes bailes en liña e por parella na que os espectadores están convidados a participar.
A Pobra acollerá este xoves “Emociónate co baile” , unha clase aberta que mestura bailes latinos con ritmos modernos. O taller Alecrín que organiza a iniciativa anima a todo o mundo a participar nesta experiencia que conectan ós espectadores cos bailaríns.
Dende o concello da Pobra convidan tamén á cidadanía a aproveitar os numerosos beneficios da danza tanto físicos como emocionais e sociais.
O espectáculo constará de 12 números e participarán preto de 50 alumnos. Desenvolverase na Praza Alcalde Segundo Durán e en caso de mal tempo no Polideportivo do colexio Banda Seca . Esta actividade desenvolverase tamén no Malecón de Ribeira o domingo 4 de maio a partir das seis da tarde.











