A POBRA> O concello da Pobra volve apostar pola conciliación este verán coa posta en marcha dos obradoiros ‘Móvete’. Desenvolveranse nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras dende o 22 de xuño ó 8 de setembro.
Xa está aberta a inscrición nos campamentos de conciliación de verán da Pobra que se desenvolverán entre o 22 de xuño e o 8 de setembro, para facilitar a conciliación das familias durante todo o período non lectivo.
O horario será de nove a dúas, coa posibilidade de solicitar tamén servizo de madruga e comedor.
O Concello ofrece a posibilidade de realizar as inscricións por mes completo, cun custo de 60 euros cada mes, ou por quincenas por 40 euros. En canto ós períodos non lectivos de xuño e setembro, o prezo da matrícula é de 15 euros cada un. En caso de varios irmáns aplicaráselle un desconto do 50 por cento ó segundo e o terceiro será de balde. Poden realizarse no departamento de Igualdade.