A POBRA> O concello da Pobra está a executar a mellora da estrada que conecta o Camiño Ancho coa aldea da Figueira. Trátase dunha vía cada vez máis transitada que se atopaba moi deteriorada polo que o executivo decidiu incluír o proxecto no POS provincial.
Esta semana daban comezo as obras de mellora na estrada que conecta o Camiño Ancho coa aldea da Figueira na Pobra.
Xa no 2015 se acometera a pavimentación desta vía e se dotara de saneamento. Agora, aproveitando esta nova intervención instalarase tamén a rede de pluviais e procederase ó soterramento do cableado.
A actuación suporá un investimento de preto de cincuenta mil euros con cargo ó POS da Deputación da Coruña.