O BNG leva a pleno a solicitude á Xunta de construír vivenda pública en San Lázaro

NOIA> O BNG de Noia levará ó próximo pleno unha moción a través da cal solicita a cesión dunha parcela de titularidade municipal situada no barrio de San Lázaro ó Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivenda de promoción pública.

A proposta presentada polos nacionalistas forma parte do pacto de investidura que permitiu a chegada de PSOE e A Marea a alcaldía.

Segundo explicou o voceiro nacionalista, a cesión destes terreos iría ligada a varios condicionantes, entre os que se atopa que as vivendas se ofrezan en réxime de alugueiro a un prezo accesible.