Xunta e Concello asumirán a mellora das instalacións do Club Piragüismo Outes

OUTES> Tras asinar no Concello os dous convenios de colaboración, o Secretario Xeral para o Deporte, achegouse ata o estuario do Tambre, onde se emprazan as instalacións do Club Piraguismo Outes que serán obxecto de mellora.

Coa primeira das axudas búscase adecentar estas instalacións de titularidade municipal, mentres que a segunda, permitirá a compra de novo equipamento.

O orzamento dos dous convenios ascende a uns 44 mil euros, dos cales a Xunta achegará o 80% e o Concello a cantidade restante.

Dende o Club, que vén de retomar recentemente a súa actividade  agradeceron o investimento realizado, xa que permitirá mellorar as instalacións e poder ofrecer unha mellor oferta deportiva.

A Escola de Piragüismo conta na actualidade xa con vinte e sete nenos inscritos e de cara a tempada de verán conta aumentar esta cifra. O espazo situado nun marco incomparable, no último tramo do Tambre, ofrece a posibilidade de poder practicar este deporte durante tódolos meses do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí