A presidenta de Portos supervisa as melloras no peirao de Portosín

PORTO DO SON> A presidenta de Portos de Galicia desprazouse ata Portosín para supervisar as actuacións que se están a acometer nos pantaláns. Susana Lenguas aproveitou ademais para reunirse cos membros da confraría que lle trasladaron algunhas das súas demandas.

A presidenta de Portos de Galicia tivo ocasión de coñecer de primeira man como evolucionan os traballos de construción dos pantaláns de Portosín. As obras retomábanse hai algunhas semanas, despois de que a anterior empresa adxudicataria dera en creba obrigando a Portos a iniciar novamente a tramitación administrativa deste proxecto.

Ademais de supervisar as obras, Susana Lenguas mantivo un encontro con representantes da confraría de Portosín que lle trasmitiron algunhas das principais demandas do sector. Entre elas, a mellora da nave das redeiras ou a posibilidade de utilizar a antiga nave de Recomar como almacén.

O alcalde agradeceu a visita da responsable autonómica que evidencia o entendemento entre a administración e o sector que levaba anos demandando melloras neste porto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí