NOIA> O presidente da Xunta visitou a lonxa de Testal, en Noia, onde anunciou o récord histórico de facturación e de descargas que bateron as rulas galegas en 2017, o mellor ano da serie histórica para as lonxas galegas. O conxunto da facturación superou os cincocentos millóns de euros mentres que a cantidade de descargas incrementouse nun 27 por cento. Feijoo presentou estas cifras na visita realizada á lonxa noies de Testal á que puxo como exemplo de traballo conxunto. Destacou a súa aposta pola calidade a través dun selo distintivo para o berberecho que está en proceso e que distinguirá ó bivalvo extraído das concesións noiesas, a través de pesca artesanal sustentable e rexistrado na confraría de Noia. A este respecto, tanto o alcalde como o patrón maior de Noia quixeron agradecer o esforzo inversor da Xunta nun sector vital non só no municipio senón en toda a comarca. Ö longo deste ano está previsto a mellora da cuberta e ampliación da lonxa.
Inicio NOIA