O Concello de Ribadumia conta xa cun protocolo de prevención fronte o acoso laboral e sexual

RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia conta xa co seu primeiro protocolo de prevención fronte o acoso laboral, sexual ou por razón de sexo. O documento busca servir de folla de ruta na prevención ante calquera tipo de violencia dentro do concello, buscando promover tamén un clima laboral o máis respectuoso e igualitario posible.  Hoxe tamén se constituíu a súa comisión de seguimento, na que están presentes a parte institucional, sindical e técnica.

Despois de meses de traballo o Concello de Ribadumia pon en marcha o seu primeiro protocolo de prevención e actuación fronte o acoso laboral, sexual ou por razón de sexo.

Dende a parte sindical aplauden o protocolo e a capacidade de negociación das partes para incorporar achegas. No seu caso, a inclusión do acoso laboral, que se sumou ao documento inicial no que se contemplaba o sexual ou por razón de sexo.

O protocolo foi presentado esta mañá no concello. Precisamente está destinado a todos os traballadores municipais, como ferramenta para atallar posibles casos e, ante todo, como base para previr calquera posible situación de acoso dentro da entidade municipal.

Esta mañá mañá a representación institucional, representada polo alcalde, xunto coa parte técnica e sindical rubricaron este protocolo. Constitúese tamén unha comisión de seguimento, na que están presentes estas tres patas, para velar polo seu cumprimento e aplicación.

Ademais, o concello traballa xa na creación dun protocolo específico de actuación fronte acoso e violencia ás persoas LGTBIQ+.