RIBEIRA> Os portavoces do Partido Socialista e do BNG de Ribeira, Francisco Suárez Puerta e Luís Pérez Barral, respectivamente, comparecían esta mañá en rolda de prensa para presentar a moción conxunta que levarán o luns a pleno coa que pretenden impulsar a reorganización e mellora da seguridade do tráfico na rúa Estatuto, no barrio de Abesadas
O proxecto, que quedara xa moi avanzado antes da moción de censura, iría na liña iniciada durante a súa etapa á fronte do goberno, impulsando un modelo de mobilidade con preferencia para os peóns.
Segundo informaron, a proposta xa conta con informe policial favorable.











